A práctica do ciclismo ten o fundamento no primeiro gran invento da Humanidade: a roda, que os estudosos a dan procedente de Mesopotamia, varios milenios antes de Cristo. O primeiro uso que se fixo dela foi no torno do alfareiro. No último tercio do S.XIX o ciclismo comezou a arraigar como deporte, organizando Francia, en 1881, os primeiros campeonatos de velocidade. Foi sen dúbida a primeira proba á que se someteo ao afeccionado, acaso impulsado por ese reto permanente no home de superar as propias marcas e a vaidade de amosar a superioridade ante o conxénere e vencelo no desafío. Pero afastado de todo concepto competitivo, a práctica ciclista ofrece outros aspectos que a converten en ámbito merecente de cultivarse e de ser socialmente promocionado .Xunto á camiñada e a natación, montar en bici é unha das formas mais recomendables para mellorar a capacidade aeróbica; un tipo de exercicio do mais beneficioso para a saúde, aparte outras consideracións, tamén de grande interese.Pero, como na maioría das actividades deportivas, é a nenez o mellor tempo para iniciarse nelas, pois o que escomeza sendo simple xogo tan do agrado dos rapaciños, en moitos casos convértese en auténtica afección, e mesmo paixón, cuxa práctica non abandonará e que, en boa medida, o día de mañá transmitirá aos seus descendentes.Ocorre, sen embargo, que os rapaces, para desarrollala, precisan de espazos adecuados, amplos, nos que podan circular sen riscos e sen causar atrancos a outras persoas, lugares dos que en Foz se carece “A súa falta acusa unha inexistente xestión porque se, por exemplo o paseo que leva de Llás a Peizás, traxecto que parece idóneo, no seu día se dotara dun carril para bicis, en boa medida paliaríase tal carencia”. Eso decíamos no artigo que este cronista publicou o 15.10.06. Oito anos despois, e a pesares dos demagóxicos anuncios por parte do concello da obra que se decía partiría do Prado de Ramos, seguimos igual porque nada se fixo. Unha vez mais a festa quedou en foguetes… Ogallá que o “Día da bicicleta”, celebrado días pasados, esperte inquedanzas…
Suso Fernández