Martín Pardiñas triunfa na Media Maratón de Montaña en Burela, mentres Carmen e Hugo ganan en categorías inferiores da proba solidaria “Alas de Vida” disputada a pasada fin de semana.
Carmen López facíase coa vitoria entre as rapazas das categorías interiores, mentres que Hugo Villalba repetía no apartado masculino das probas celebradas o sábado.
Xa o domingo tivo lugar a media maratón “Alas de Vida” cun percorrido montañoso onde Martín Pardiñas, da sección de adultos, logrou a medalla de bronce cunha memorable actuación cun tempo de 1 hora e 32 minutos. Tamén participou José Gavín.