NOTA DE PRENSA
O PSdeG denuncia deficiencias no servizo de vixilancia das praias de Cervo
Veciños de San Ciprián tiveron que socorrer a unha turista que caeu nas rochas na praia do Torno
Unha veciña de San Ciprián alertou ao 112 pasadas as 11:45 h do venres, despois de que unha turista sufrira unha caída nas rochas da praia do Torno.
Foron os veciños os primeiros en acudir a atender á señora despois de intentar avisar no posto de vixilancia e comprobar que non había persoal no mesmo. As persoas que primeiro atenderon á accidentada comprobaron que tiña unha ferida que sangraba e deron a voz de alarma, sendo unha veciña dos edificios situados en fronte da praia a que efectuou a chamada de socorro ao 112.
Dende o PSdeG-PSOE queremos facer unha chamada de atención e pedirlle ao Concello de Cervo que supervise a eficiencia deste servizo, dado que a vida de moitos bañistas está en xogo e os tempos de reacción e rescate ante unha emerxencia son de vital importancia nestes casos.
Deficiencias tamén en Cubelas
O caso ocorrido na praia do Torno non foi o único que denunciaron os veciños. Nos últimos días tamén se recibiron queixas da falla de servizos na praia de Cubelas, posto que as duchas estaban pechadas e moitos bañistas aseguran que o persoal de salvamento non se sitúa nas proximidades das zoas de baño, polo que non se senten seguros ante unha posible incidencia.
Pedímoslle polo tanto ao Concello de Cervo que de forma urxente supervise todas estas deficiencias que se están a producir e tome cartas no asunto para evitar sucesos como los vividos estes días, que danan a imaxe dun servizo e do propio Concello.