CERVO .- O grupo de rapaces do concello de Cervo, estiveron no campamento organizado polo Grupo Scaut Esvedro, na localidade de Lira, no concello de Carnota, do 18 ao 26 de xullo. Compartiron campamento co grupo scaut Ronsel de Sada.
Desenvolveron actividades de todo tipo: talleres, veladas, rutas, música, “o gran Xogo do Medievo, convertendo o campamento nun poboado medieval, con traxes típicos da época, incluídos tamén oficios e usando os marabedís como moeda de cambio para todas as necesidades do día.
Houbo tamén tempo para a praia e o baño, aínda que tamén choveu moito, producindo desesperación nalgúns momentos. Ao remate houbo lágrimas polas despedidas e promesas de volver reencontrarse.