Nota de Prensa
Os populares instan á Deputación a levar ó pleno de setembro o novo regulamento interno
* Dende o GPPP lembran que o Presidente Gómez Besteiro anunciara a súa aprobación para o primeiro trimestre de 2008
Lugo, a 27 de xullo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno de mañá unha moción na que pide que o novo Regulamento de Organización e Funcionamento da Administración provincial sexa sometido a debate e a aprobación, se así procedera, na sesión ordinaria que celebre a Corporación Provincial o vindeiro mes setembro.
Salientan os populares que hai dous anos, o Presidente da Deputación manifestou como un dos seus grandes retos a elaboración deste novo regulamento. Establecía daquela como horizonte temporal para levalo a cabo o primeiro trimestre de 2008. De feito, no pasado mes de novembro falicitouselle un anteproxecto do documento ós grupos políticos.
Nos meses de maio e xuño do presente ano celebráronse tres reunións a efectos de buscar un consenso sobre tal Regulamento, pero a día de hoxe os traballos están inconclusos e, dado que xa se incumpliron sobradamente os prazos fixados inicialmente, é preciso que desde o Pleno da Deputación se fixen tempos de referencia que, ó entender dos populares, se deben considerar inaplazables.