A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, participou este luns na presentación da XII edición da Feira de produtos artesáns e ecolóxicos (PRODUART), que organiza a Fundación EXPOMAR na Nave de Redes, no porto de Burela, os días 1, 2 e 3 de agosto. Un ano máis, o organismo provincial contribúe á celebración deste evento cunha achega económica de 4.000 euros. PRODUART é unha das máis de 50 actividades, que teñen lugar nuns 40 Concellos da provincia, que financia a institución provincial, cun total de 3,6 millóns de euros do Plan Estratéxico de Subvencións para 2014.
Esta plan está dirixido a potenciar os principais sectores produtivos: agricultura, gandeiría, pesca, artesanía, comercio ou turismo. Por este motivo, nel tamén se inclúen axudas a todas as confradías de pescadores da provincia.
De feito, no 2014 a Deputación volve prestar colaboración económica á Cofradía de Pescadores do Vicedo; á Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro; á Cofradía de Santa María do Campo de Ribadeo; á Cofradía de Pescadores de Burela; á Cofradía de Pescadores de San Ciprián, á Agrupación de Mariscadoras de San Cosme de Barreiros e á Cofradía de Pescadores de Foz.
A de Lugo é, dende hai anos, a única Deputación galega que colabora coa totalidade das cofradías existentes na súa costa.