SANTIAGO .- A Xunta interpoñerá un recurso contencioso administrativo contra a resolución do goberno do Estado que aproba o estudo enerxético ambiental do litoral español para a instalación de parques eólicos mariños. O Consello da Xunta xa tiña aprobado en setembro e novembro de 2007 acordos de requirimento de incompetencia e conflito de competencias contra o citado decreto, por entender que vulnera as competencias que o Estatuto de autonomía de Galicia e a Constitución española lle atribúen á comunidade galega en materia de procedemento administrativo para a tramitación das solicitudes de xeración eléctrica no mar territorial.
REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA
A XUNTA INTERPÓN UN RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO CONTRA O ESTUDO DO GOBERNO CENTRAL PARA INSTALAR PARQUES EÓLICOS MARIÑOS O Consello da Xunta acordou hoxe interpoñer un recurso contencioso-administrativo contra unha resolución do Goberno central que aproba o estudo enerxético ambiental do litoral español para a instalación de parques eólicos mariños, publicado no Boletín Oficial del Estado do 8 de maio de 2009. A resolución do Executivo central, conxunta da Subsecretaría Xeral de Enerxía e da Secretaría Xeral do Mar, ditouse en cumprimento dun decreto de 2007 que establece o procedemento administrativo para a tramitación das solicitudes de autorización de xeración eléctrica no mar territorial e que prevía a elaboración dun estudo estratéxico ambiental para determinar as zonas marítimo-terrestres que reúnen condicións favorables para a instalación de parques eólicos mariños. O Consello da Xunta xa tiña aprobado en setembro e novembro de 2007 acordos de requirimento de incompetencia e conflito de competencias contra o citado decreto, por entender que vulnera as competencias que o Estatuto de autonomía de Galicia e a Constitución española lle atribúen á comunidade galega en materia de procedemento administrativo para a tramitación das solicitudes de xeración eléctrica no mar territorial.