A música e a poesía son formas sublimes de expresión; a relación é tal que a segunda represéntase pola lira, que é instrumento musical, e a voz humana é medio armónico por excelencia. De nengún outro xeito o individuo transmite de maneira mais personal e fidedigna nen maior sentimento, a mensaxe envolvida na beleza poético-musical. A música traza imaxes ideais; é compañeira na ledicia e bálsamo na dor. O canto grupal é expresión da alma do pobo: é un dos ámbitos que posibilita a participación expresiva e creativa. O coro é instrumento colectivo, unha forma de identificación comunitaria.A breve divagación ven a glosar un feito histórico da nosa sociedade que ten que ver cos conceptos expresados: hai 30 anos en Foz, sen apenas precedentes na cultura do canto coral producíase o achegamento ó mesmo, en base a un existente coro parroquial, serme do magnífico colectivo que hoxe tanto nos honra pola península e por Europa adiante.
O ribadense Antonio López García foi o primeiro director da coral, ata que a enfermidade fixo presa nel e, aínda despois a paixón pola música e a vontade, fixeron que permanecese ó fronte do elenco. Pero tivo que desistir para, pouco despois da homenaxe que lle ofreceran os compañeiros, deixarnos. Da súa faceta de compositor gardamos con especial querencia dúas obras: “Soniña”, melodía/lamento, concebida dende a dór inmensa, nunca superada, da dramática experiencia da perda de ser tan amado: ¡¡ a filliña…!!; e a habanera “Es Foz”, fermoso e delicado canto ó noso pobo. Lembranzas para él e a súa bonomía.
O timón estaba garantido na persoa de Carmen Alonso, muller de ampla vagaxe cultural, amante da música e de outras artes, activa, dinámica, de acusada personalidade que coas magníficas voces que nutren o conxunto, e a meritoria entrega e o esforzo de todos e cada un deles, acadan as mais altas cotas artísticas e son punteiras entre as corais da nosa terra. De Carmen, a directora, a poeta Olimpia Pérez, dixera: “ La música en tus labios juguetea ;/ puliendo y dirigiendo con ardor / has logrado, Carmiña, que al fin sea / una bella coral con nuevo albor”. ¡A polas Vodas de Ouro!.
Suso Fernández