Arredor de 100 persoas disfrutaron na noite deste domingo nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, do jazz. L.A.R Legido e Alejandro Vargas foron os encargados de deleitar coa súa música aos asistentes nunha “noite espléndida”, en palabras de Celso Dourado. A programación cultural no Eido Dourado volverá a principios do vindeiro mes de agosto.
