BARREIROS (FNC) .- O Concello de Barreiros será escenario a partires das 12 desta mañá dunha xuntanza á que foron convocados todos os alcaldes dos 17 concellos que forman parte da Mancomunidade de Municipios de A Mariña para asistir a unha charla sobre a administración electrónica que “de xeito obligatorio terá que funcionar en todos os concellos a partires de xaneiro de 2010”, segundo explica o rexedor barreirense e presidente da Mancomunidade, Alfonso Fuente.
A conferencia e as demostracións que terán lugar nesta xornada corren a cargo da empresa Es público, unha plataforma de servizos xurídicos especializada en administración pública.