Os lobishomes son seres humanos que se converten en lobos. Os galiñomes son seres humanos que se converten en galiñas, pero nunhas galiñas malvadas e asasinas. Este vindeiro sábado, día 5, ás 20,00 horas, na Casa da Cultura de Alfoz, poderemos coñecelos se acudimos a ver a obra do Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira”, que presentará a obra “A invasión dos galiñomes”. 18 actores do instituto Alfoz-Valadouro, acompañados do incrible cómico local “Cachín”, farán as delicias daqueles que se acheguen.
Os galiñomes chegan a Alfoz
Os galiñomes chegan a Alfoz
Relacionado
-
Gañadoras do Campionato de tute e parchís do Día da Muller de Cervo
-
Unha carpa instala no C.F.E.A. Pedro Murias acolleu este domingo o cocido de Antroido, organizado polo Concello de Ribadeo, para as veciñas e veciños que participan no programa ‘Preto de Ti’
-
O musical ‘A Cincenta que non quería comer perdices’, de Sarabela Teatro, chega este martes ao Pastor Díaz para xs escolares de Viveiro