Mercedes Cachaza Platas.- “Se a costa Cantábrica é fermosísima toda ela, na praia das Catedrais aínda é máis. Aquí o mar e a terra bícanse debuxando unha paisaxe inigualable, significando un lugar de encontro entre terra, mar. fauna, flora e visitantes de todo o mundo, tódolos días do ano e desde tempos inmemoriables.
O Alumnado da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña), tivo ocasión de visitar unha vez máis esta xoia paisaxística o día 3 de xuño de 2014. Foi o seu Coordinador, D. Luis Angel Rodríguez Patiño quen nos acompañou. A auovía A-8 levounos ata Ribadeo polas alturas a través de diferentes viaductos que deixabn debaixo fermosísimas paisaxes da Terra Cha que lucía o seu máis elegante traxe primaveral combinando tódalas tonalidades de verde co amarelo profundo das xestas no que se deleitaba gando vacuno, gando cabalar, infinidade de bichiños pequechos observados desde as alturas por variedade de aves propias da zona. Un ambiente idóneo para inspirar a calquera persoa cunha mínima sensibilidade pola nai natureza.
O noso primeiro destino foi a praia das Catedrais. O seu nome xa indica o que a nai natureza se esmera naquel lugar. A beleza natural do entorno impresionounos moito; o esmerado coidado da zona, así como o número de visitantes de diferentes lugares que disfrutaban do lugar un martes de primeiros de xuño, do ano 2014: alemáns, canarios, toledadanos, manchegos, outros moitos estranxeiros.
Un espectáculo que a ninguén deixa indiferente son as mareas que soben a baixan ritmicamente obedecendo á atración existente ente a Terra e a Lúa. Algo máxico. Según figura nuns paneis da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, as mareas móvense arredor duns puntos nodais en sentido contrario ás agullas do reloxio. Estes puntos que afectan á mareas galegas está situados no Atlántico norte.
A diferencia maxima de altura entre a pleamar e a baixa mar pode supera-los catro metros. A baixamar prodúcese pasadas as seis horas da pleamar. Para maior gozo do Alumnado Sénior de Xestoso, naquel momento a marea estaba baixa e permitíunos gozar a tope dos seus encantos.
Bordeando a costa e disfrutando da paisaxe e da paisanaxe de privilexio da zona dirixímonos a Foz onde puidemos disfrutar dun relaxante paseo pola beira do mar sentindo a nosa pel acariciada pola brisa mariña que era moi suave, ó mesmo tempo que a nosa vista se recreaba vendo o mar e os bañistas que del disfrutaban.
Abundantes paneis informábannos da flora e da fauna da zona así como das minas de caolín. Todo un escenaio de beleza e riqueza que dá alegríia e benestar á zona. O segunte destino foi Burela onde se respiraba un ambiente mariñeiro de pacífica convivencia entre nativos e caboverdianos que lle daban unha pincelada de cor á paisanaxe urbana. Non visitamos o barco-museo pero uns enormes paneis que decoraban o muro de contención do mar indicábannos o ritmo de vida daquelas xentes ás que tanto lles debemos porque nos abastecen dos ricos e nutritivos froitos do embravecido Cantábrico.
A paisaxe costeira manifesta progreso e benestar coas súas casiñas unifamiliares telladas de lousa, os seus hórreos entre glegos e asturianos , as súas casas de indianos e a súa arquitectura relixiosa típica que eleva en oración os seus esbeltos campanarios. Durante todo o percorrido fomos seguindo o itineraio do Ferrocarril de Via Estreita deitado á carón do Cantábrico, algo así como o Transiberiano Español.
A temperatura moi agradable de 21 graos e o bo ambiente entre compañeiros xunto con todo o resto fixeron que esta viaxe fora enriquecedora aínda que podería ser mellor se nos puidera acompañar o noso benquerido Profesor, ó que en todo momento levamos no corazón. Agradecemos dun xeito moi especial a dedicación do noso Coordinador nun día moi especial para el: cumpría anos. Felicitámolo de todo corazón o mellor que soubemos, tal como se merece.”
Mercedes Cachaza Platas
Alumna da aula Xestoso-Momán da UNED Sénior