O Concelleiro Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro, presenta dúas mocións e varios rogos para o seu tratamento no Pleno deste xoves.
MOCIÓN SOBRE FRACCIONAMENTO DO IBI ( IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES)
Que polas circunstancias económicas polas que están a pasar as economías domésticas, na que a mayor parte dos cabezas de familia, son mileuristas ( no mellor dos casos), ou se atopan como desempregados, polo que facer frente o pago de un recibo que ronda os 300€, ou os supera, supón un desequilibrio económico importante, para calquer familia, polo que cada vez veñen mais recibos devoltos.
Por todo o anteriomente exposto, o grupo municipal do iVi (Independientes de Viveiro) solicita do Pleno da Corporación municipal a aprobación dos seguintes:
ACORDOS
1.- Facer un estudo por parte dos servicios económicos do Concello, que recolla esta proposta e que se valoren as fechas máis axeitadas é que non supoñan un desaxuste para economía municipal, para o fraccionamento de ditos recibos.
2.- Que exista a posibilidade, de que o que non queira o fraccionamente poida seguir como hasta agora.
MOCIÓN APOIO O RESURRECTION FEST E O NASEIRO
Que despois do saido nos medios de comunicación en que Dirección Xeral de Turismo, indicaba que non erá suvbencionable a celebración do Resurrection Fest, un festival referente a nivel de Mundial e que representa un importante movimento económico nos soio en Viveiro sinon na comarca, entendemos que non é de recibo. Ademáis por parte da Xunta subvencionase outros eventos similares, coma a Maruxaina ; Festival do Mundo Celta de Ortigueira, etc. ( os cales consideramos que son merecedores das axudas).
Por parte de asociacións de comerciantes de Viveiro, fixeranse enquisas entre os comerciantes, ós cales valoraron este evento como ó mais importante a nivel económico para os seus establecementos.
En Canto a Romería do Naseiro, e unha romería que leva preto dos cen anos celebrandose, e que foi un referente en canto á romaxes, tanto a nivel local, galego é incluso nacional, e que todos sabemos a incidencia que económicamente move.
Por todo o anteriomente exposto, o grupo municipal do iVi (Independientes de Viveiro) solicita do Pleno da Corporación municipal a aprobación do seguinte:
ACORDO
1.- SOLICITAR, perante a Xunta de Galicia, nas suas distintas Consellerías, apoio económico para a celebración e mantemento dos dous eventos.
ROGOS
Independientes de Viveiro rogan “nos indique a Sra. Alcaldesa en que punto se encontra o novo plan de tráfico de Viveiro, xa que estamos de novo chegando ó verán que nada sabemos”.
No pleno do mes de agosto de 2012 facíamos un rogo, logo das deficiencias no pintado de liñas continuas en varias zonas no percorrido da estrada LU-862, dende a rontonda do Hotel Las Sirenas ata o cruce á praia de Area, executadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, co fin de que se subsanara, na medida do posible, dito pintado. A esta data todo segue igual, e por elo ROGAMOS se nos indique se por parte dalgunha administración ou departamento tivose algunha resposta o respecto.
Na zona de lavandeiras en Celeiro, frente o edificio de Aspanane existe unha morea de baches en plena curva. ROGAMOS tomén as mendidas posibles para arranxar os mesmos.
No aparcamento en Covas frente o pazo de Grallal (onde se fan as festas) quedárase por parte do goberno municipal en pintar as prazas de aparcamento, xa que en moitas ocasións e un auténtico caos entrar no mesmo. Así mesmo existe un poste no medio que supostamente era para poñer o alumeado do mesmo, pois denoite non se ve palmo de terra., e tamén se comprometeran a colacación das luminarias. E por elo que ROGAMOS se remate tanto co pintado como coa iluminación.
O tramo de carretera que vai dende o frente do pavillón Antonio Tarrio, camping ata o xeriátrico esta desfeito cunha morea de baches. ROGAMOS o equipo de goberno tome cartas no asunto e proceda o arranxo do mesmo.
Existen ao longo do paseo marítimo varias plaquetas rotas ou inexistentes, asi como varias das luminarias que non teñen a protección exterior das bombillas. ROGAMOS o arranxo ou sustitución desas plaquetas e asi memo a reposición dos globos de ditas farolas.
7. Estivéronse repintando as liñas da zona azul de aparcamento. Dado que soamente foron pintadas de forma lonxitudinal, ROGAMOS o pintado tamén transversal, para que cada vehículo ocupe só un espacio.
8. ROGAMOS o equipo de goberno, faga os medios posibles para que se realice o desbroce das cunetas e veirarúas nas carreteras e pistas das parroquias, para evitar o perigro que teñen os viandante, dado a estreitez de moitas delas.
9. En pasadas fechas, a través da prensa y en pleno municipal, se produjo una acusación por parte del vice-portavoz del grupo municipal del partido popular, en la que se acusaba a la hoy alcaldesa de apropiarse de dinero en su cuenta procedente de las fiestas. Que dado que ha transcurrido bastante tiempo de estas acusaciones, que consideramos suficientemente graves; sin que se haya sabido una claración tajante del tema. Este grupo municipal SOLICITA, por parte de la Alcaldía se de respuesta al siguiente RUEGO:
¿Hubo apropiación de dinero por parte de la Sra. Alcaldesa? Aclaración de los hechos para que los ciudadanos sean conocedores de la realidad.
Y si este hecho es cierto SOLICITAMOS, la inmediata dimisión de la Sra. Alcaldesa y en caso contrario del portavoz que realizó las acusaciones.