MADRID, 5 DE XUÑO DE 2014.- O senador lucense –Ricardo Varela- pedirá no Senado que o Goberno Central inicie a reparación inmediata das vías de titularidade estatal da provincia, habilitando para elo os fondos establecidos nos Presupostos Xerais do Estado de 2014, ademais de que nas contas de 2015 se duplique a partida destinada tanto á conservación como a calquera outra acción destinada a unha maior seguridade vial das mesmas.
O socialista asume a responsabilidade de levar este asunto á Cámara Alta, logo de constatar que a rede viaria, que xestiona directamente o Ministerio de Fomento en Galicia e na provincia de Lugo, se está vendo seriamente comprometida pola redución do investimento no seu mantemento nos últimos tres anos. Este drástico recorte está a provocar, subraia o senador, “un deterioro acuciado das estradas do Estado que na Comunidade suman, segundo datos do propio Ministerio, 2.298 quilómetros e, na provincia, 698 quilómetros.
Así o revela o estudo da Asociación Española da Estrada, que outorga ao estado de conservación do firme do entramado viario galego e, por tanto, ao lucense a peor nota de toda a serie de estudos realizados dende o ano 1.985, definindo a situación das vías estatais de Galicia e de Lugo como deficiente e por debaixo do valor medio do país.
Para o senador “a crítica situación das estradas neste territorio”, non só provoca unha evidente involución na seguridade vial e na comodidade da condución, senón que compromete a perda de competitividade territorial nunha Comunidade e nunha provincia como a de Lugo, historicamente aisladas.
Custos engadidos
Este abandono no mantemento do entramado viario estatal terá un custo engadido e suporá un aumento exponencial do importe de reparación, pois cada euro non investido a tempo no reforzo dos firmes se transforma en 5 euros aos 3 anos e 25 no quinto. Ademais, indica Varela, condiciona negativamente o custo para todos os usuarios das mesmas, xa que o mal estado destas vías provoca tamén un incremento do mantemento dos vehículos, así como “un grave e considerable” aumento das emisións contaminantes.
Pero non só é o firme das vías lucenses, e en xeral as galegas, o que non se conserva, pois o estado da sinalización, sobre todo a vertical, tamén é “deplorable”. Neste caso, a Comunidade e a provincia luguesa, no Informe da Asociación Española da Estrada, tamén se sitúan sensiblemente por debaixo do aprobado.