O Comité de empresa de VESTAS NACELLES SPAIS SAU “Chavín-Viveiro”, por acordo da asemblea de traballadores e traballadoras celebrada o 3 de xuño, convoca mobilizacións co fin de “facer reflexionar á empresa, dada a postura inflexible na que está instalada, e co que pretenden someter ao persoal a vivir só para a empresa”, asegura Julio López, presidente do Comité.
As mobilizacións consisten en concentracións, diante da fábrica, os vindeiros días 6, 11, 18 e 25 de xuño, en horario do bocadillo de 10.00 a 10.20 a quenda de mañá, de 18.00 a 18.20 a quenda de tarde e a mediodía de 13.00 a 15.00 horas na saída e entrada de cambios de quenda e xornada normal. Ademais, teñen prevista unha folga de 24 horas para o 1 de xullo.