O próximo domingo 1 de xuño o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE desprazarase ós Ancares para facer unha ruta de alta montaña, pois sairán de Porto de Ancares (Final de Etapa da Volta Ciclista a España) e subirán ó Pico Cuíña, o máis alto dos Ancares con 1.987 metros de altitude. Seguidamente, subirán ó Pico Mustallar, a montaña máis alta da provincia de Lugo, con 1.924 metros de altitude, para acabar na aldea de Piornedo, onde visitarán as famosas “pallozas”. Son un total de 13,5 quilómetros de dificultade media alta que se prevén rematar en 5 horas e media. A hora de saída está prevista para as 07.00 horas e o xantar realizarase a base de bocadillos. Os interesados poden inscribirse ata o 28 de maio ás 22.00 horas por un prezo de 17 euros (con seguro) ou 15 euros, os federados. Os socios e colaboradores deberán pagar 14 euros, ou 12 no caso dos federados.
Ruta ós Ancares da ACD Xove
Ruta ós Ancares da ACD Xove
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia