Lourenzá, 20 de maio de 2014. O Concello de Lourenzá anuncia a posta en marcha dunha campaña voluntaria de vacinación de cans que se levará a cabo nas catro parroquias do municipio. Comezará este mércores 21 na parroquia de Santa María; o xoves 22 será en San Xurxo; o luns 26 farase en Santo Tomé e o martes 27 en Santo Adrao. A campaña será para levar a cabo diferentes tipos de vacinacións, desparasitacións e a emisión de nova cartilla pasaporte xunto con implantación de microchip para aqueles animais que aínda non o teñan. Os encargados serán os veterinarios Silvia Roca Castro e Xosé Antón Luaces e os interesados poden chamar aos teléfonos 689.55.11.83 ou 667.23.18.36.
Campaña voluntaria de vacinación de cans en Lourenzá
Campaña voluntaria de vacinación de cans en Lourenzá
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo