BURELA (FNC) .- A concelleira de Mar, Remedios López Villar, representará ó Concello de Burela no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebra esta fin de semana na localidade coruñesa de Muros.
Remedios López sinala que “a vila de Muros convértese desde hoxe e ata o domingo nunha cita importantísima, na que a cultura mariñeira será a encargada de caldear o ambiente. Está previsto que uns 150 navíos acudan a este encontro que inclúe ademáis xornadas técnicas, obradoiros, teatro e concertos. Burela participará en colaboración coa Asociación Mar de San Cibrao e expoñeremos un espléndido taller de artes de pesca tradicionais que empregan as nosas embarcacións”. A edil socialista explica que “expoñerase dende unha vara de eucalipto para pescar o bonito pasando por anzuelos dobres, novelos ou recodos de cacea de bonito, mollos de folla de millo seca, finais de liña de nylon con carnadas de cinta de plástico, macana…”.
A concelleira de Mar tamén se despraza a FIMO a Ferrol para participar na presentación da XXV Feira do Bonito. Remedios López subliña que “a miña concellaría repartirá con cada ración que se deguste o 1 de agosto un exemplar do libro Sabores do noso mar de xeito totalmente gratuito. Serán 4.000 libros os que regalemos. Unha medida que servirá para promocionar entre os miles de visitantes que ten a feira Burela e a súa gastronomía”.