A MARIÑA .- A Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) “Asociación Impulso Pacto Territorial de Emprego A Mariña”, informa da “creación dun Observatorio do paro que mensualmente subministrará información sobre a evolución do paro rexistrado no territorio do Pacto, en Lugo e en Galicia”. Según está entidade, o paro no mes de xuño de 2009 descende con respecto ao paro rexistrado no mes de maio nos tres ámbitos comparados. O maior descenso foi para a provincia de Lugo cun 5,05% menos de paro, seguido do Pacto Territorial cun 4,83% sendo o menor descenso para Galicia cun 3,51% menos de paro.
Nota de Prensa
Unha vez finalizada a primeira fase do seu proxecto, no que se levou a cabo un estudo de carácter socioeconómico do territorio que comprende o Pacto Territorial de Emprego da Mariña, a Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) “Asociación Impulso Pacto Territorial de Emprego A Mariña”, informa da creación dun Observatorio do paro que mensualmente subministrará información sobre a evolución do paro rexistrado no territorio do Pacto, en Lugo e en Galicia. No documento adxunto facilitamos un resumo da información correspondente o mes de Xuño de 2009. O informe completo pode consultarse tamén en internet .