O catedrático do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge Mira, dedicou unha hora de clase práctica ao alumnado de 1º e 2º da ESO do IES de Mondoñedo e ensinou aos asistentes diversos trucos matemáticos. O invertigador e divulgador científico deixou impresionado ao alumnado coa súa capacidade para resolver operacións aparentemente imposibles e co seu poder comunicador. Experto en cifras, Jorge Mira, visitou o IES Plurilingüe San Rosendo para impartir un obradoiro moi ameno para ensinar aos rapaces técnicas para mellorar en cálculo. Tratouse dunha actividade proposta pola profesora Beatriz Trigo do Departamento de Orientación, dentro do Contrato-programa firmado entre a Consellería de Educación e o centro mindoniense para a mellora do cálculo e da competencia matemática do seu alumnado. Un broche de ouro para cerrar o segundo trimestre e dar inicio as vacacións de Semana Santa.
Jorge Mira ensina a calcular mellor no IES de Mondoñedo
Jorge Mira ensina a calcular mellor no IES de Mondoñedo
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo