O PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL contempla no noso Concello actuacións, dentro do bienio 2013-2014, en 14 camiños e pistas municipais:
-Camiño de Bael, de acceso ao burgo de San Cristovo na Parroquia de Portocelo (1.929 metros).
-Camiño de San Cristovo, no núcleo interior do mesmo San Cristovo na Parroquia de Portocelo (50 metros).
-Camiño de Vila a Labradela na Parroquia de A Rigueira (3.183 metros)
-Camiño ao Club de Tiro de A Vara na Parroquia de Xuances (20 metros).
-Camiño de accesos a vivendas en Prada na Parroquia de Xuances (20 metros).
-Camiño de acceso ao depósito do Cruceiro na Parroquia de Xuances (606 metros).
-Camiño de San Cristovo e Portocelo na Parroquia de Portocelo (50 metros).
-Cruce dos camiños de acceso ao Portiño, Portocelo e San Tirso nas Parroquias de Morás e Portocelo (10 metros).
-Camiño de Sumoas a Lago nas Parroquias de Lago e Sumoas (1.860 metros).
-Camiño de acceso a casas en Lamaboa en Xove (57 metros).
-Entrada ao Campo de Fútbol de Lago na Parroquia de Lago (50 metros).
-Camiño en Morás na Parroquia de Morás (22 metros).
-Camiño de acceso en Illade na Parroquia de Xuances (94 metros).
-Camiño de Beltrán a Vila nas Parroquias de Lago e A Rigueira (1.485 metros).
Estas obras abarcan a práctica totalidade do término municipal e xa comezaron, debendo estar rematadas e xustificadas antes do 30 de xuño deste ano.
Os traballos que se están a realizar son adaptados e específicos a cada unha das pistas; nas que menos deterioradas están realízanse tarefas simples de bacheo e reparación das partes máis danadas, e nas que pior aspecto presentan, afróntase unha intervención integral cun recubrimiento asfáltico total.
O investimento total destas obras é de 54.987, 240 €uros. Desta cantidade, o Concello de Xove aporta 9.543,240 €uros; os restantes fondos (45.444 €uros) foron cubertos da seguinte maneira:
-Fondos FEADER: 34.083 €uros.
-Ministerior de Agricultura, Alimentación e Medioambiente: 5.512,36 €uros.
-Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER): 5.848,64 €uros.
A coordinación deste Plan para Galicia corre a cargo do AGADER, que pertence á Consellería de Medio Rural e do Mar, contando, como xa apuntamos, co patrocinio de fondos europeos (FEADER) e do Ministerio de Agricultura.