Continuando coa serie de reunións que está a celebrar polos barrios da vila, o PP de Burela reunirase mañán xoves, día dez, ás oito e media da tarde, no Bar-Restaurante Don Jamón, con veciños e veciñas da zona de influencia das Calles Novas, para explicar o traballo que se está a facer desde o goberno local e atender as preguntas que poidan xurdir sobre temas de interese municipal. Está será a cuarta reunión que o PP celebre, o que xa vén sendo habitual dentro do traballo que fai o partido a nivel local.
Reunión do PP de Burela cos veciños das Calles Novas
Reunión do PP de Burela cos veciños das Calles Novas
Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este Venres Santo na II Degustación do Mexillón de Rinlo, organizada pola asociación de veciños O Cantal, en colaboración co Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar
-
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, felicitou as xogadoras de Burela FS e Castro pola final da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino que se xogou este xoves no Pavillón dos Deportes de Lugo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacion
-
Abriu recentemente en Ribadeo, nas galerías comerciais que comunican as rúas San Francisco e Reinante, unha zapatería de calzado respectuoso infantil, aínda que tamén ofrece algo para adultos