Sanjurjo Moda abriu o pasado domingo na avenida Rosalía de Castro, de Ribadeo, xusto detrás do Cine Teatro, unha tenda con roupa para toda a familia de grandes marcas como McGregor, Levi´s, Dockers, Esprit, Florentino e moitas máis de estilos elegante, urbano ou sport. A xornada inaugural reuniu a centos de persoas, que ademais de visitar a tenda puideron disfrutar dun aperitivo e ver a elaboración dunha pintura mural. Sanjurjo Moda é unha empresa familiar que leva máis de 50 anos e tres xeneracións dedicadas ó comercio textil e que apostou por Ribadeo ó consideralo “o lugar que elixen para facer as súas compras moitos veciños do norte de Lugo e o occidente asturiano, ademais dos turistas que visitan a zona”. A tenda abrirá todos os días da semana de luns a domingo.
Sanjurjo Moda inaugurou a súa cuarta tenda en Ribadeo
Sanjurjo Moda inaugurou a súa cuarta tenda en Ribadeo
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro