Nota de Prensa
O GPPP lémbralle a Lara Méndez que a Deputación sempre desbrozou as estradas da súa competencia
* Os populares consideran que poucas obras importantes debe estar a acomenter a administración provincial se a vicepresidenta segunda ten que recurrir a supervisar a limpeza de cunetas
Lugo, a 2 de xullo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular convidou á vicepresidenta segunda da Deputación Lara Méndez a que deixe de vender fume e non minta para tentar disculpar a ineficacia manifestada o pasado ano pola administración provincial no que á limpeza e desbroce das estradas provinciais se refire.
Lembran os populares que durante a anterior etapa de goberno na Deputación sempre se limparon e rozaron as vías de competencia provincial, pero o traballo realizado neste senso o pasado ano polo equipo de goberno do que ela forma parte foi un desastre, entre outras cousas porque principiou a facerse no mes de setembro, que era cando tería que estar rematado.
A mala situación vivida na pasada campaña foi de tales dimensións que prácticamente obrigou a que nesta os concellos asinaran convenios de colaboración coa Deputación para asegurarse de que estas labouras se acometan no prazo axeitado.
Resulta chamativo tamén que o inicio destes traballos provoque a visita e supervisión in situ da vicepresidenta segunda, o que pon de manifesto que non debe ter a Deputación moitas obras de relevancia sobre as que presumir si ten que recurrir a salientar actuacións de tempada habituais.
NINGÚN INCREMENTO.-
Méndez tampouco di a verdade cando asegura que a administración provincial duplicou o orzamento que adica ó mantemento da rede viaria provincial, segundo suliñan dende o GPPP. Así, lembran, que nos presupostos de 2007, elaborados polo Partido Popular, destinábanse 11 millóns de euros a este cometido, a mesma cantidade consignado polo PSOE e o BNG nas contas de 2008 e se sitúa nas de 2009 en 11.600.000 euros. Pregúntanse por tanto os populares de onde saca a vicepresidenta primeira ese incremento desmesurado do que fala.
Os veciños da Mariña, segundo indican os populares, xa saben ben que as manifestacións e promesas que realiza Lara Méndez non teñen valor ningún. Lembran neste senso que, por exemplo, ó pouco de tomar posesión do seu cargo asegurou que o Parque de bombeiros de Barreiros estaría aberto no primeiro trimestre de 2008 pero a realidade é que a principios do segundo semestre de 2009 este anuncio aínda non se materializou.
Os populares tamén lle recomendan a Méndez que revise os datos que baralla porque efectivamente as obras que están comprometidas co concello de Barreiros por parte da Deputación provincial ascenden a catro millóns de euros como ben lle indicou o rexidor local recentemente. O vial litoral de Barreiros, que quedou axudicada polo anterior goberno da Deputación, por exemplo, aínda está pendente de execución.
En calquera caso, suliñan dende o GPPP, o que resulta innegable é que durante os dous anos que leva o bigoberno na Deputación non se acometeu ningunha obra das previstas neste municipio.