Para o BNG de Barreiros, o Partido Popular traspasou xa a liña da ética, e a da decencia. Despois de levaren adiante un urbanismo caótico no concello, construindo en terreos que non cumplían os requisitos e sen ningún servizo, tal como se recolle en moitas sentenzas do TSXG, e como tamén recoñece o TS, agora aférranse a unha sentenza, que por defectos de forma invalida a suspensión das NNSS de 1995 decretada pola Xunta en novembro de 2006 e que aplicou unhas Normas Provisionais en febreiro de 2007.
A desfeita urbanística en Barreiros empezou coa chegada de AlfonsoFuente á alcaldía en 2005, que non se preocupou de elaborar un Plan Xeral de Ordenación ata 2010, cuxa redacción rematou en 2013 e que a estas alturas ainda non foi sometido a aprobación inicial. A empresa á que se lle adxudicou este traballo pertenece ao que en 2006 era portavoz do PP en Foz, e que en decembro de 2006 se manifestaba xunto con outros cargos do PP diante do concello de Barreiros, apoiando a desastrosa política urbanística de Fuente Parga.
Mais aberrante foi ainda o convenio polo que se ían destinar 14 millóns de euros das arcas públicas para dotar de servizos de saneamento e abastecemento de auga, entre outros, a aqueles terreos onde se construiron bloques de apartamentos, cando tiñan que ser os promotores desas construccións os que por lei tiñan que facelo.
Tampouco debe ser casualidade as ansias do rexedor municipal barreirense pola venta de apartamentos, pois a desde a súa xestoría actúa de axente colaborador dun dos bancos que están poñendo á venta bloques de apartamentos, tal como reza o cartel situado na fachada da mesma.A súa nefasta política urbanística foi a que puxo a Barreiros a prezo de saldo.
Con esta política urbanística ao servizo de intereses alleos a Barreiros, o goberno local do PP foi incapaz de xenerar ningún recurso para o concello a través da actividade urbanística. É mais, os perto de 2 millóns de euros recaudados en 2006 por licenzas urbanísticas non redundaron en ningún beneficio para a cidadanía nin en ningún servizo. Os 2 millóns de euros, como xa tén denunciado o BNG en mais dunha ocasión, foron usados no 2007 (ano electoral) en ampliar a plantilla municipal ata a cifra de 190 traballadores, que foron os que pasaron polo concello ao longo deste ano, chegando a supoñer os gastos de persoal mais do 60% do orzamento municipal.
Lonxe de emendar o seu proceder, o PP en Barreiros e AlfonsoFuente volven aos seus comenzos, vólvese á situación dos anos 2005 e 2006 cando estaban en vigor as NNSS de 1995, sen delimitación clara dos solos urbanos consolidados e non consolidados, de solos con protección ou sen protección (determinacións que sí traería o novo PXOM), polo que a concesión de licenzas vai depender da Xunta de Goberno (xunta de goberno que xa tivo que ir ao xulgado pola concesión de 44 licenzas con informe xurídico desfavorable). Polo tanto, a situación tórnase ainda mais complicada e todo parece indicar que agora o PP encontra unha excusa para para refuxiarse nas obsoletas NNSS do 1995 e retrasar a aprobación inicial do PXOM, hipotecando unha vez mais o desenvolvemento urbanístico de Barreiros que con este instrumento, no que tería que participar a cidadanía, podería por fin enderezar o rumbo de acordo a uns criterios de sostibilidade.
E lonxe de rectificar tamén, o alcalde sigue levando o concello cara ao abismo e sen ningún rubor, e facendo caso omiso á lexislación vixente afirma que tería que ser a administración autonómica a que garantizra os servizos.