O Concello de Cervo celebra este venres 7 de marzo o acto central de conmemoración do Día Internacional da Muller. Será na Casa do Mar ás 18.00 horas cando se faiga unha homenaxe á muller cervense con Café Bombón e o concurso “A mellor amiga”.
O Auditorio da Casa da Cultura acollerá a partir das 20.00 horas a actuación do grupo de Tai-Chi, coa organización da Asociación Alborada, e ás 20.30 horas, a actuación do grupo Mar Aberto “Cantos para mulleres”.
A cea de mulleres con 120 inscritas celebrarase no restaurante Buenavista ás 22.00 horas coa organización de Mulleres de San Ciprián. Sortearanse agasallos e farase entrega de premios do Campionato de Tute e Parchís.
Cara ás 00.00 horas trasladaranse á Casa do Mar para celebrar un gran baile organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.
Así mesmo, hai outras moitas actividades incluídas no programa que se veñen desenvolvendo nestes meses. O luns, por exemplo, arrinca o curso de cociña impartido por Pilar Martínez (http://www.lacocinadelechuza.com) que organiza a Asociación Mulleres de San Ciprián.
Tamén dende o luns estarán dispoñibles na Casa da Cultura as bases para o concurso de poesía en contra da discriminación.