CERVO .- Mañá xoves 2 de xullo ás 21 horas, na Casa da Cultura de San Ciprián, empresarios e traballadores autónomos de Cervo teñen a oportunidade de actualizar os seus coñecementos sobre as liñas de financiamento que as distintas administracións ofrecen para superar a actual conxuntura económica de crise. A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) organiza unha xornada informativa sobre axudas para pequenas e medianas empresas que será impartido por Pablo Rancaño, director da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e por Carlos Teijeiro Pita, coordinador de Caixa Galicia
ASISTENCIA LIBRE E GRATUÍTA
A asistencia a esta xornada é totalmente gratuíta grazas a colaboración da Xunta de Galicia co Concello de Cervo a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.
O horario elixido (21 horas) escolleuse por ser totalmente compatible coa actividade profesional dos futuros alumnos. A xornada desenvolverase cunha metodoloxía eminentemente práctica, xa que intentarán resolver moitas das dúbidas dos empresarios á hora de solicitar as diferentes axudas. Entre outros temas se estudarán: as fórmulas para obter liquidez, as ampliacións de capital das sociedades e o refinanciamento de pasivos, así como calquera outra cuestión de interese segundo o perfil das PEMES que asistan ao curso.
Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cervo, chamando ao teléfono 982.55.77.77.