BURELA (FNC) .- A Axencia de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías do Concello de Burela, da que é responsable o concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, da conta das disposiciòns publicadas no B.O.E. do 26 e do 30 de Xuño, polas que se establece a convocatoria de subvencións destinadas a buques de pesca para a dotación de equipos de localización e salvamento, así como outra partida que ten coma destinataria á pequena e mediana empresa para plans de igualdade.
Legazpi sinala que “a importancia que representa a seguridade marítima e o traballo no mar determina preferentemente os fundamentos da resolución que recolle as bases que regulan as axudas para o sector pesqueiro no ámbito de dotación de equipos de localización como goniómetros, radiobalizas GPS, chalecos, balizas e outros medios que garantan a seguridade no mar”. Outorgaranse conforme á clase de buques e artes de pesca utilizadas, en base aos baremos dispostos na resolución, podéndose tramitar a través das entidades colaboradoras firmantes do acordo, entre as que se atopa a OPP con sede en San Cibrao, e tamén da FPCP con sede no porto de Burela.
De igual modo e con fundamentación na igualdade efectiva entre homes e mulleres desenvolvese a Orde IGD1738/2009 publicada no BOE do 30 de Xuño, e pola que se regulan subvencións ás empresas de máis de 30 traballadores e menos de 250 conforme establezan os plans de igualdade a desenrolar en distintas fases subvencionables. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de Xullo. As entidades ou persoas que se atopen interesadas en coñecer estas medidas poden informarse na propia Axencia de Desenvolvemento Local ou no Concello dentro dos prazos que se determinan nas reseñadas convocatorias.