BARREIROS (FNC) .- En Barreiros deron comenzo hoxe os traballos de limpeza das cuentas dos viais que dependen da Deputación Provincial. O alcalde Alfonso Fuente di que “era algo que se lle veu demandando continuamente á institución e ó mesmo tempo que se limpan as cunetas tamén se demandaba que se lles meta un novo rego ás principais vías de conexión entre a N-634 e a estrada da costa. Nos parecía bastante importante que se actuara nestas carreteras que estaban olvidadas. Hoxe comenzaron eses traballos e alegrámonos de que a Deputación atenda as nosas reivindicacións”. O rexedor lamenta non ter sido convidado pola vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, a supervisar o inicio deses traballos en San Miguel de Reinante.
Fuente Parga non quere esquecer que “a Deputación Provincial parou proxectos por valor duns catro millóns de euros que están alí parados ou, como se suele decir, invernando nos despachos para construir un novo vial no noso concello. Obras que deixara programadas, proxectadas e adxudicadas en parte o anterior goberno do PP na Deputación Provincial e que agora están adormecidas, porque haberá algún interés en que así sexa. Que non nos veñan vender agora unha pequena limpeza nestes viais, que está moi ben e que lles agradecemos, pero que hai máis obras que hai que facer e executar porque son moi importantes para o noso concello”.
O rexedor barreirense alude “á construcción dun vial a uns 500 metros da costa que unía a Cruz do Lobo con Reinante. Era un proxecto que sobrepasaba o noso concello porque chegaba ata a praia dos Castros en Ribadeo, precisamente para evitar ese colapso que se produce na estada da costa, de forma que eso nos levaría a poder pasar a semipeatonal a estrada da praia para que puidese ser disfrutada por todos os visitantes con máis seguridade, sen ter que asumir esa estrada tanto tráfico e poder circular e dar máis axilidade ó tráfico dentro do noso concello. Unha obra que lle pedimos a Francisco Cacharro que atendeu a demanda e que estaba en parte adxudicada e da que agora nada se sabe”.
Pozomouro
Alfonso Fuente tamén sinala que “hoxe temos boas noticias en Barreiros porque na zona da Espiñeira, na estrada que discurre entre este barrio e Pozomouro, a Xunta de Galicia vai investir 229.000 euros e vai implicar que se rexeneren 800 metros dese vial, así como que a construcción de aceras e a mellora do alumeado. É unha boa noticia porque a Xunta estáse a comprometer co noso concello e executando obras”