Un total de 22 alumnos franceses acompañados por tres dos seus profesores do ‘Collège Jean Monnet’ da localidade bretona de Janzé están de visita en Burela como parte dun intercambio lingüístico e medioambiental no marco dun proxecto europeo Comenius entre os centros de enseñanza IES Perdouro de Burela e o collège Jean Monnet de Janzé. Os rapaces permanecerán dez días na vila, acollidos nas familias. Este é o noveno ano consecutivo que os dous centros organizan os intercambios, cos que pretenden mellorar a competencia lingüística dos alumnos.
O proxecto Comenius “Mon écoville: la ville au futur” entre os dous centros pretende conscienciar aos rapaces na importancia do desenvolvemnto sostible e do coidado do noso medioambiente, sendo cidadáns vertes e responsables. Levan xa un ano traballando a temática en clase e realizando actividades conxuntas ou individuais ao respecto tanto en Galicia como en Bretaña.
Este intercambio está promovido polo departamento de Francés do ‘Perdouro’, con Karina Parga á fronte, que deseñou un completo programa de actividades culturais para o disfrute dos alumnos na súa estancia en Galicia.
Así pois a comitiva foi recibida polo director do instituto local, Santiago Pérez Docobo, na mañá do mércores. Os rapaces estiveron vendo Burela, o porto, e as vistas desde o Monte Castelo. Ademais coñeceron a fábrica de Sargadelos e o proceso de fabricación da cerámica e visitaron o Museo do Mar de San Cibrao.
Este venrs viaxarán, en compañía dos alumnos do instituto local, á Santiago, onde realizarán obradoiros sobre consumo responsable, linguaxe publicitaria e comercio xusto no Instituo Galego de Consumo co fin de ser un consumidor “verde” e un cidadán comprometido co medioambiente.Tamén visitirán as cubertas da catedral.
O próximo luns realizarán unha excursión á Coruña, cidade na que se acercarán ata a Casa do Home e a Torre de Hércules. Farán unha visita guiada polas instalacións da Sociedade Galega do Medioambiente, Sogama, co propósito de conscienciar o grupo de alumnos na importancia da separación e posterior reciclaxe do lixo e refugallos afin de reducir o noso impacto medioambiental.
E para clausurar a semana, como parte dun programa de actividades medioambientais, os alumnos participarán en obradoiros medioambientais de fabricación de xabón e fabricación de papel coa axuda das monitoras de GAIA do Concello de Burela e un xogo de pista didáctico polas instalacións do Instituto anfitrión e polas rúas de Burela.
A coordinadora do proxecto Comenius, Karina Parga (IES Perdouro) destaca “o enriquecimento lingüístico e cultural que supón para os alumnos participar en actividades coma esta”. O próximo mes de abril celebrarase a segunda parte do intercambio coa visita dos bureleses a Janzé.