NOTA DE PRENSA
O BNG INSTA AO GOBERNO LOCAL A CONTRATAR MAIS SOCORRISTAS PARA CERVO
As praias de Rueta e A Limosa tamén teñen unha importante afluencia de visitantes e non contan con ningún servizo de estas características.
O BNG pedirá ao goberno local a contratación de mais socorristas xa sexa con medios propios ou vía subvención.
SETE SOCORRISTAS SON INSUFICIENTES PARA CUBRIR TODAS AS PRAIAS DO CONCELLO
O BNG considerou insuficiente a contratación de sete socorristas para cubrir o conxunto das praias mais concorridas do concello. Segundo os nacionalistas a disposición de tres socorristas para O Torno, dous para A Caosa e outros dous para Cubelas “e un número axeitado para cubrir estas praias” mais “insuficiente tendo en conta o conxunto de praias e calas do territorio municipal. Neste sentido, o BNG lembrou que “as praias da Limosa e Rueta tamén contan con gran afluencia de visitantes e no caso da de Rueta xa contou en algunha ocasión con socorrista”.
OS NACIONALISTAS SOLICITARAN A CONTRATACION DE MAIS SOCORRISTAS PARA CUBRIR AS PRAIAS CON MAIOR AFLUENCIA DE VISITANTES
O BNG solicitará ao goberno local a contratación de mais socorristas xa sexa por medios propios ou co apoio da Xunta ao considerar “desprotexido o litoral” por carencia de socorristas nalgunhas das praias mais concorridas como A Limosa Rueta.
O BNG PIDE AO PP MAIS ESIXENCIA COA XUNTA DE FEIJOO PARA QUE SE VEXA NA PRACTICA O APOIO DO QUE PRESUMEN.
Os nacionalistas advertiron ao Partido Popular de Cervo que cando se fala de apoio do novo goberno galego “debe verse na practica e de momento brilla por ausencia” xa que en todas as xestións e reunións mantidas ate o momento polo alcalde, “non existe ningún compromiso práctico” que mellore a actuación do bipartito anterior e tampouco no caso do número de socorristas que será o mesmo que na tempada pasada.