Nota de Prensa
O PP non está convencido co trazado da autovía Barreiros-San Cibrao.
González Barcia afirma que pode partir de novo a Burela.
Os populares reuniranse cos veciños e pedirán que se cumpla o acordo plenario de pasar polo sur do Concello.
O PP de Burela estima que o trazado que se propón por parte de Fomento para a autovía Barreiros-San Cibrao non é o millor para os intereses de Burela. O PP non está para nada convencido co indicado trazado.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou, logo dun primeiro análisis do estudio informativo, que o trazado da autovía discurre, no termo municipal de Burela, paralelo á actual variante, a oitenta metros de media de distancia da mesma. O novo vial terá unha afectación de cen metros a cada lado, e ademais, segundo Barcia, non queda ningún enlace directo para Burela, sendo o máis próximo un que se sitúa entre a Areoura e Cangas; en dirección Viveiro, o enlace máis próximo sería no Castelo, xa en San Cibrao.
Por outra banda, cómpre lembrar que hai acordos plenarios da corporación de Burela nos que se solicita que o trazado fora totalmente polo sur do Concello.
Polo tanto, Barcia entende que podemos estar ante unha infraestructura que, sendo necesaria, e de eso non se dubida, pode provocar de novo unha rotura xeográfica do concello e impedir o desenvolvemento do concello hacia o sur. De ser así, estaríamos, segundo Barcia, cos mesmos protagonistas: cando foi o da variante, alcalde socialista (Roberto Alvarez), Ismael Rego polo medio e goberno socialista en Madrid. Agora, coa autovía, alcalde socialista, Ismael Rego outra vez polo medio, e tamén goberno socialista en Madrid. Menuda coincidencia.
González Barcia anunciou que mañán mesmo, xoves, terán unha reunión coa Asociación de Veciños o Vencello porque esta participou directamente na comisión creada entre colectivos de varios concellos para facer propostas conxuntas sobre o trazado.
Asimismo, o PP non descarta pedir unha reunión da Xunta de Portavoces para facer unha primeira valoración do asunto, e incluso solicitar un pleno extraordinario para adoptar unha decisión conxunta da corporación municipal que se poidan plantexar como alegacións.