Mujeres en Igualdad Burela, en memoria das dúas vítimas de violencia de xénero, convoca unha concentración silenciosa de 5 minutos para este mércores 15 de xaneiro ás 20.00 horas fronte ó Concello de Burela. Así, fai un chamamento a todos os veciños e veciñas, asociacións, organismos publicos, pais, nais, etc. “Unámonos todos para que desgracias como esta no vuelvan a suceder. Ni una más. No más víctimas de violencia de género”, manifestou Mary Fraga.
Apoio do Concello
O Concello de Burela tamén se suma á concentración convocada pola asociación Mulleres en Igualdade de Burela para este mércores 15 de xaneiro ás 20.00 horas na praza do Concello burelés; de igual forma que xa manifestou a súa asistencia á concentración convocada polo Concello de Cervo para as 12.00 horas diante da Casa do Concello cervense.