O Concello de Cervo convoca unha concentración pública en contra da violencia de xénero con motivo do terrible suceso acontecido no municipio este martes en apoio ás familias e amigos das vítimas.
A concentración está prevista para as doce do mediodía deste mércores 15 de xaneiro diante da Casa do Concello de Cervo.
O Concello de Burela súmase á concentración
O Concello burelés adhírese á concentración convocada para este mércores 15 de xaneiro ás 12 do mediodía na praza do Concello, en Cervo, para amosar a súa repulsa polo asasinato de dúas mulleres, nai e filla, cometido este martes en San Cibrao.
En nome do Concello de Burela asistirán a ese acto o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán. O rexedor anima “a todos os bureleses e burelesas que o desexen a desprazarse mañá a mediodía ao veciño municipio de Cervo”.
Cruz da Venta
A Asociación de Veciños Cruz da Venta de San Cibrao tamén se suma á concentración “en sinal de repulsa contra a violencia de xénero”.