Ribadeo, 10 de xaneiro de 2014. Unha veciña de Ribadeo, Josefina Díaz Folgueira, é a ganadora do primeiro premio da campaña de Nadal de ACISA. A afortunada recibirá 4.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante o vindeiro mes de marzo.
Josefina Díaz Folgueira recibiu a papeleta cuxos números coincidieron co primeiro premio da Lotería do Neno, o 76.524, na Droguería-Decoración Pulpeiro, tenda con longa traxectoria en Ribadeo, situada na rúa Viejo Pancho, 2.
ACISA segue buscando aos outros dous gañadores da campaña de Nadal na que en total puxo en xogo 7.000 euros en vales de compra. O segundo premio foi o 69.362, a rifa que conteña ditos números resultará agraciada con 2.000 euros en vales de compra; e o terceiro premio foi o 08.347, aquela papeleta que coincida con este número levará mil euros en vales de compra para gastar no comercio asociado. A rifa do segundo premio entregouse en Glass e a do terceiro foi repartida por Tourline Express.
Os gañadores deberán presentar as papeletas premiadas nas oficinas de Acisa Ribadeo antes das 20 horas do día 7 de febreiro de 2014. Despois desa data será cando se faga entrega dos premios aos afortunados e afortunadas da campaña da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos.