Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
Veciños de Celeiro manifestaronlle o noso grupo o caos circulatorio no que se atopa en numerosas ocasións o barrio de O Celeiriño, motivado polo libre albedrío que reina á hora de aparcar, propiciando en ocasións que no caso de producirse unha emerxencia os vehículos necesarios para a mesma –ambulancia, coche de bombeiros… – o tivesen difícil para acceder o mencionado barrio. Por este motivo é polo que ROGAMOS o equipo de goberno que proceda a delimitación e pintado das zonas autorizadas para o aparcadoiro de vehículos, evitando así o aparcamento indiscriminado e perigoso no caso de posibles emerxencias.
Sen saír do Barrio do Celeiriño, sinalar que varios veciños reclaman a construcción dunha rampa de acceso no calexón situado desde a Rúa do Porto, a Rúa Atalaya, entre o novo edificio do Celeiriño e o nº 10 da Rúa do Porto , dado que as escaleiras tan empinadas alí construidas, imposibilitan que se baixe cunha silla de rodas ou similares. Por este motivo ROGAMOS o equipo de goberno que acometa a construcción da mencionada rampa, co que ademáis de eliminar unha barreira arquitectónica, facilitará a movilidade das persoas que precisen usar este tipo de rampas.
Na zona remodelada do Celeiriño, concretamente moi preto de onde figura a placa que da conta da citada actuación, existe un estreito calexón que entrana certo risco, e polo que, segundo nos manifestaron algúns veciños, andan a xogar os nenos e nenas co conseguinte perigo para a súa integridade. Por este motivo, ROGAMOS o equipo de goberno que coloque algún elemento que impida o acceso ó mesmo, e así evitar calquera tipo de incidente que logo poidamos lamentar.
Na Rúa do Porto en Celeiro, dende a Cofradía ata as inmediacións do Porto, o aparcamento dos vehículos resulta caótico, ó tempo que perigoso para a circulación dos peóns, que ven como non poden camiñar polas beirarrúas e mesmo contemplan como as saídas dos calexóns desta zona están habitualmente obstruídas, co conseguinte perigo que isto entrana en caso de emerxencia. Por este motivo ROGAMOS o equipo de goberno que proceda a reordenación do aparcamento nesta rúa, de tal xeito que os peóns poidan camiñar polas beirarrúas e que as saídas dos calexóns non estén obstruídas.
Na parroquia de Covas no barrio do Pedregal, concretamente na rúa dos Castelos, entre vivendas, hai moitas fochancas, que o perigo que en si supoñen, engadese que como consecuencia da choiva, se enchen de auga. Por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno que proceda o seu asfaltado a maior brevidade posible, para solucionar este problema.