O Concello de Xove rematou o amplo Programa de Actividades deste Nadal 2013-2014, programa que comezara o pasado 14 de decembro cun Obradoiro de Colocación de Belén e rematou o 5 de xaneiro cos actos previos ao Día de Reis.
Dentro das actividades desenvolvidas nos últimos días, tivemos:
Venres 3 de xaneiro.- TEATRO DE ASPANANE coa obra “Y AHORA, ¿CON QUIÉN ME CASO YO?, posta en escea no Salón de Actos do Centro Cívico diante dunhas 170 persoas. Tratase da obra gañadora do 3º Premios Nacional do Concurso organizado pola Dirección General de Tráfico. A obra, moi ben construida e interpretada, emocionounos a todos os que tivemos a oportunidade de vela.
Sábado 4 de xaneiro.- DÍA DO NENO, celebrado na Piscina Municipal con inchables acuáticos e no Pavillón de Deportes con inchables e obradoiros.
Domingo 5 de xaneiro.- Os actos deste día, véspera de Reis, comezaron coa tradicional visita dos Reis á Residencia da 3ª Idade. Ás 19:00 horas tiña previsto comezar a Cabalgata, que acertadamente foi anulada debido aos fortísimos ventos que nese intre soplaban en Xove. Para que os nenos non se foran de baleiro e viviran con ilusión este día, os Reis decidiron trasladarse á seguridade do Pavillón de Deportes, onde, durante case dúas horas estiveron con tódolos nenos e repartindo caramelos. Rematou esta xornada cunha Festa Infantil no Pavillón a cargo do DJ TAPI-DECIBELIOS.