A pesar da choiva que comezaba a caer e do forte vento que azoutou durante toda a xornada a Mariña, as súas maxestades de oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitaron na noite do día 5 de xaneiro o concello de Alfoz. Despois do habitual recorrido polas parroquias do concello, estiveron un bo rato no castelo do Castro de Ouro, onde foron recibidos polo Alcalde, que lles entregou un ano máis a chave de Alfoz, e por numerosos veciños, sobre todo pequenos, que mostraron unha gran ilusión coa chegada dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar repartiron caramelos e agasallos entre os nenos, visitaron o Belén Vivinte que había nas inmediacións do castelo e recibiron as peticións de moitos pequenos para esta noite. Logo as súas maxestades fóronse e os asistentes ó acto puideron degustar un riquísimo chocolate, moi quente e moi azucrado. Todos os actos foron o froito da esforzada organización da Asociación Cultural “O Castelo” e de moitos veciños colaboradores.
Cabalgata dos Reis Magos en Alfoz
Cabalgata dos Reis Magos en Alfoz
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia