BURELA (FNC) .- Rematou o curso de primeiros auxilios que organizou a Concellaría de Mar co colaboración da Cruz Vermella de Burela. O curso, de 22 horas de duración, comezaba o luns 15 e nel participaron 20 alumnos dos que 18 lograron obter o título.
A edil de Mar, Remedios López Villar, lembra que “para acceder ó curso de socorrismo acuático de 80 horas de duración era preciso ter esta titulación de primeiros auxilios e pasar unha proba que se lles fixo na piscina municipal de San Cibro de coñecementos mínimos de natación e mergullo, proba que solo lograron superar 10 participantes”. Mañá martes poderémolos ver facer prácticas na praia do Portelo en Burela en horario de 17 a 22 horas, que se combinarán con horas de piscina, para ó final conseguir un título homologado de socorrista acuático e poder traballar nas praias ou piscinas, “véndose recompensado na época estival cunha fonte de ingresos”, explica López Villar.
Remedios López destaca que este curso custa 250€ por persoa pero a súa delegación subvenciona ós empadroados en Burela que só terán que pagar 50€.