Mondoñedo, 28 de decembro de 2013.- A presidenta de Novas Xeracións de Mondoñedo, Bea Meilán, entregou este venres a Servizos Sociais do Concello os xoguetes e alimentos que foron doados polos mindonienses ao longo da pasada fin de semana, durante a campaña que promoveu a formación popular baixo o lema de “Axúdanos a repartir sorrisos”.
A popular fixo un balance moi “positivo” da recollida e agradeceu aos veciños que puxeron un gran de area para colaborar con esta iniciativa que tivo como principal obxectivo “a solidariedade e a colaboración cos máis necesitados”.
Bea Meilán referiu ao medio cento de xoguedes que permitirán que outros tantos nenos podan ter un agasallo durante este Nadal, entre os que se atopan dende os máis didácticos como xogos de mesa e libros; aos máis típicos como son as bonecas e os peluches.
A maiores, os mindonienses tamén depositaron durante os tres días na sede do Partido Popular de Mondoñedo, alimentos non perecedoiros como son a pasta, aceite, conservas, leites ou galletas; que Servizos Sociais se encargará de repartir entre os máis desfavorecidos do municipio.