Dende o PSdG-PSOE de Burela estamos a observar que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela nunca nos deixa de sorprender nas súas notas de prensa. Dicimos isto a raíz das últimas notas de prensa feitas públicas polo Partido Popular de Burela con respecto ós presupostos do Concello no 2014, e da labor da oposición.
Parece ser que para o Partido Popular de Burela o máis importante de cara ó orzamento municipal é que a oposición traballe e faga propostas. ¿Parécelles pouco as aportacións que o PSdeG-PSOE de Burela fixo de cara a eses orzamentos? Pois fixéronse propostas que dende logo nos parecen ben interesantes. Unha das emendas, referida as subvencións que se dan con cartos públicos de todos os veciños e veciñas se dean dunha maneira obxectiva e por concorrencia competitiva, tal e como marca a lexislación, e non a capricho do Sr Alcalde para poder vender algún dos favores que debe a algunha asociación. Outra das emendas era referida á creación dun Plan de Emprego Municipal dotado de 140.500 euros, que tamén foi rexeitado polo Partido Popular de Burela, neste senso temos que ter en conta que andamos polos 800 desempregados ós que o Partido Popular de Burela non lles da ningún tipo de solución e os deixa tirados na cuneta. Pedíamos dende o PSdeG-PSOE de Burela que se eliminasen ou se reduciran os gastos de atencións protocolarias, propaganda, gastos diversos e dietas que suman un total de 140.500 euros e o Partido Popular de Burela tamén rexeitou dita proposta. Outra das emendas era para a creación dun fondo de axudas sociais para familias en problemas sociais graves para que puideran facer fronte a recibos de auga, luz lixo, etc…e o Partido Popular de Burela tampouco o veu procedente. ¿A isto se refire o Partido Popular de Burela con non facer propostas para favorecer ós veciños e veciñas de Burela? A todo isto temos que sumar moitas outras propostas que levamos feito, sempre có rexeitamento do Partido Popular de Burela (recuperación da Área Sanitaria da Mariña, non repercutir non veciños e veciñas a suba da taxa de Sogama, etc, etc, etc…). Está demostrado que este equipo de “desgoberno” vai a remolque da oposición e dos veciños, dos que non se compadece en ningún momento.
Con respecto ós presupostos dicir que nos parecen antisociais e que non van a beneficiar en nada ó conxunto dos veciños e veciñas de Burela. Son uns presupostos que o único salientable que amosan e, unha vez máis, unha subida de impostos que non van a repercutir para nada no benestar dos veciños e veciñas de Burela, e que o único que garanten son os salarios e as dietas do equipo de “desgoberno”.
Unha das cousas que máis nos chama a atención é a partida de 1.000 euros que ten a gardería infantil, promesa electoral do Partido Popular de Burela, que con este ritmo de inversión aló para o ano 2500 máis ou menos podería ser unha realidade, e a maiores incumprindo o compromiso de colaboración firmado polo Sr Alcalde, aprobado no Pleno Ordinario do 10 de outubro, coa Xunta de Galicia, que obrigaba a consignar 116.000 euros nos presupostos de 2014 e seguintes, có que se pode dicir que o Sr Alcalde lles mentiu ós veciños e veciñas de Burela, que non terán a gardería tan anunciada polo equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela. O Sr Barcia ten que explicarlles ós veciños e veciñas se isto que dicimos é así ou non é así, de tódolos xeitos e para que non haxa lugar a dúbidas poñemos a disposición de
quen queira esta documentación para que se vexa claramente cal é a realidade da gardería que o Partido Popular lles prometeu ós veciños e veciñas.
Nótase un nerviosismo galopante no Partido Popular de Burela que están a ver que se achegan as eleccións e notan o descontento dos veciños e veciñas coa súa nula xestión, e á vista está que non lles gusta que a oposición traballe e faga propostas para beneficiar ós veciños e veciñas. Entendemos que ó Sr Barcia lle moleste isto, pero nós temos un compromiso que cumprir dende a oposición e así o seguiremos a cumprir, facendo unha oposición seria, responsable e con propostas, tal e como a estamos a facer. Non nos van a despistar deste obxectivo as bravuconadas do Sr Barcia e o seu equipo de “desgoberno”, xa que por riba de todo están os intereses dos veciños e veciñas de Burela.