Un político dos 90 deixou dito nas hemerotecas que España era o mellor país do mundo mundial para facerse un rico, eran os tempos do comezo da ERA DO LADRILLO, corrían os cartos como tolos dende os bancos e caixas ata o bolso, unhas veces branco e outras mouro do promotor ou constructor, vendíase todo, os madrileños querían ter unha segunda vivenda no norte de Lugo, un apartamentiño uns, un chaleciño outros e algúns unha casa con vellas pedras e algo de historia, a cousa cambiou, lentamente, pero notase, aí están os tropecentos pisos sen vender as decenas de esqueletos de “mamotretros e chales que “adornan” o paisaxe costeiro, e a pesares da caída, os nosos concellos seguen sen aprobar os PXOM correspondentes, ¿Por qué será?
¿Pero, aínda así, alguén a estas altura dubida que o urbanismo é a ferramenta ideal para pegarse o pelotazo, e mais cando ti eres o que manexas a batuta, eso debeu pensar algún?.
Esperemos que ós nosos políticos lles entre o “sentidiño común“ , o mais escaso dos sentidos, e aproveiten esta caída do sector para dar un paso o fronte e aprobar xa esa especie de biblia do urbanismo que diga claramente e en cada lugar o que se pode ou debe facer en cada monte ou leira do territorio.
Agardemos que os concellos, dunha vez por todas, esixa a corrección total da documentación, eliminando dunha vez todos estes escandalosos pelotazos persoais, que esa sospeita de estar agardando ventos mellores, e que dunha vez esquezan as recalcificacións, que pensen no futuro, no que deixaremos a os nosos herdeiros, nas zoas verdes, e non estou a falar de xardinciños cheos de pedras e cemento, falo de parques con arbores grandes, frondosos, onde os nenos poidan xogar o escondite, a pita cega e o que sexa, onde as parellas se mollen o cu coa herba, as pubelas e follas do outono, que o de facelo no coche e moi incomodo, onde se escoiten os paxaros e aniñen as pegas, os merlos e os paporubos .
Señores alcaldes de todos os colores políticos, dos outros predomina o roxo de cando se poñen colorados de vergoña, diesen, ademais que os seus paisanos podan ver e opinar sobre o novo PXOM, poidan presentar alegacións as barbaridade que aínda queden, porque non dubido que aínda deben quedar,despois de ser corrixidos por técnicos e políticos e finalmente logo das correccións pertinente se aprobe finalmente unha ferramenta necesaria para ordenar dunha vez este territorio norteño de Galicia e que leve consigo a dotación dos servicios necesarios.
E por pedir que non quede, que non teñamos que agardar outra década mais de desfeitas urbanísticas, amen.