Rafael Lobelle González, veciño de Chantada, proclamouse gañador do XIV Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
O traballo presentado polo gañador que obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma, leva por título “Da retranca dos teus ollos”. “Petan na alma silencios”, de José Manuel Castiñeira Ramallo, de Palas de Rei, foi destacada co segundo premio dotado de 600 euros, placa e diploma.
E o terceiro premio recaeu en Andrea Maceiras Lafuente pola súa obra “Auga lonxincua”. Andrea Maceiras, de Cambre, recibirá 300 euros, placa e diploma no acto de entrega de premios que terá lugar o sábado 21 de decembro a partir das 12.15 horas na Casa do Concello.