BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acudiu nas últimas horas á xuntanza da Mancomunidade de Municipios da Mariña e na que se falou de orzamentos, das novas incorporación e de promoción turística. Llano explica que “tamén falamos dos estatutos porque hai que adaptalos á nova lexislación e cando estean rematados pasaránse ós concellos para a súa aprobación en pleno”. O rexedor burelés considera que “hai que darlle sentido á mancomunidade, esperemos que sirva para aquelo para o que foi creada… para compartir servizos, para compartir inquietudes, para levar adiante aquelo que sexa de interés global para todos. Agardamos que cheguemos a acordos que se vexan reflexados en melloras sustanciais nos concellos que forman parte desta mancomunidade”.
Executiva da Fegamp
Por outra banda o alcalde de Burela asistiu en Santiago a unha xuntanza da executiva da FEGAMP. Segundo explica Alfredo Llano “un dos puntos máis importantes que abordamos foron os asuntos económicos, aprobáronse os orzamentos deste 2009 e tamén analizamos a aportación do Estado e da Xunta ós concellos e tamén as xestións coas diversas consellerías, e teño que destacar a conversa que tiveron onte membros da FEGAMP con responsables de Traballo e Benestar sobre a contración nos concellos a través dos plans de cooperación”. O rexedor sinala que “hai moita preocupación porque ou ben non se atenderon as peticións ou se viron moi menguadas ou ben no persoal ou no tempo que van traballar, como é o caso de Burela”.
Llano segue a relatar que “despois acordamos por unanimidade unha proposta de resolución do consello federal en relación co financiamento local porque consideramos que igual que se vai facer agora cos tributos propios e de participación nos ingresos do Estado e da comunidade autónoma cando se resolva a financiación autonómica que tamén se resolvan os presupostos e a forma de aplicalos ós concellos, porque coa cantidade que servizos que lle prestamos ó cidadán sen unha axuda económica vai ser imposible. E pensando nos anos 2010 e 2011 antes de que se vexan mermadas esas aportacións tentamos que se compaginen algunhas medidas de interés xeral e que poidamos seguir ofrecendo os servizos que lle corresponden a cada cidadán desde o seu concello”.