RIBADEO .- A explanada da cooperativa Os Irmandiños e as estradas de acceso a Ribadeo son os puntos de partida fixados para a tractorada convocada polo SLG, para o mércores, en Ribadeo, co fin de “reclamar prezo xusto para o leite que cubra custos de produción e traballo, así como a modificación das políticas agrarias coas que os gobernos seguen a permitir a inundación de leite nos nosos mercados”. A tractorada rematará na explanada onde se atopan os macrosupermercados Lidl e Eroski.
Tractorada en Ribadeo “para reclamar prezo xusto para o leite”