RIBADEO (FNC) .- O salón de actos do IES Gamallo Fierros acollerá mañá venres 12 de xuño ás 10:00 horas a presentación pública dos traballos elaborados nas xornadas A mocidade a debate e vaise decidir cal é o mellor.
A responsable do CIM, Luisa González, lembra que “o pasado outono inciamos a cuarta edición da campaña Un futuro por compartir en igualdade. Por cuarto ano consecutivo puxemos en marcha esta campaña de sensibilización en igualdade que levamos a cabo en todos os centros educativos do Concello e en todas as etapas educativas (infantil, primaria e secudaria), xa que pensamos que a intervención con accións que promovan valores igualitarios e coeducativos debe darse desde edades temperás”.
González conta que “esta campaña de sensibilización en igualdade desenvolta polas áreas de Igualdade e Mocidade do Concello, a día de hoxe, xa ven sendo unha actividade obrigada anual, na que os centros educativos colaboran desde o inicio da mesma aportando suxerencias e opinións ao deseño da mesma. Por iso, cada ano incorporamos e experimentamos con novas accións que poidan repercutir possitivamente na mentalidade do alumnado”.
Luisa González engade que “como novidade este ano, introducimos as primeiras xornadas de A mocidade a debate, que consistía na elaboración por parte de grupos de alumnos/as dos diferentes centros (entre os cursos de 4º da ESO, Bacharelato e ciclos) de traballos que podían versar sobre diferentes temáticas como participación da mocidade, drogas, igualdade entre mulleres e homes… Queríamos fomentar a participación activados estudiantes, queríamos realizar un concurso nun formato diferente, que lles posibilitara a reflexión, crear a súa propia opinión despois de contrastar datos e situacións… E o resultado destes meses de traballo vaise presentar mañá. Para iso contamos cun xurado que decidirá e valorará os traballos que hoxe se defenderán publicamente”.
Os traballos que se exporán no acto de mañá son os seguintes:
COLEXIO SAGRADO CORAZÓN
Dirixido por Begoña Sanjurjo Santar
– As Mulleres dan a nota.
IES DIONISIO GAMALLO FIERROS
Dirixido por Suso Fernández Acebedo
– Mulleres na memoria .