Da Mariña Bretona á Mariña galega. Ribadeo acolle o segundo concerto das Músicas Posíveis co grupo bretón Liù, un trío que conxuga a canción tradicional bretoa e os xeitos contemporáneos de facer música popular. Desde un canto bretón a un blues de Mali camiñan por corredoiras verdes e encantadoras. Este concerto de tres mozos bretóns da nova escena da música de alta calidade moi recomendábel será o único que ofrezan en Galiza. “Liù” significa “cores”. As cores de Liù son profundos e amábeis, quentados por un canto enérxico, fino e emocional apoiados nas bases dunha guitarra acústica de afinación aberta e clarificados e refutados polas chamaradas de un amplificador de guitarra eléctrica. Fanch Oger: canto e kayamb. Vincent Guérin: guitarra eléctrica. Nicolas Kervazo: guitarra folk e cabaza de auga.
Liù en Ribadeo dentro de ‘Músicas Posíveis’
Liù en Ribadeo dentro de ‘Músicas Posíveis’
Relacionado
-
O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia