O Burela FS Pescados Rubén B recolleu esta fin de semana os tres primeiros puntos da casa, na terceira xornada de Terceira ante A Estrada FS (3-2).
Os pupilos de Lucas lograron chegar ao tempo de descanso cunha renda favorable de 2-1. Despois dos tantos de Keko e Alemán, minutos 7 e 11, o cadro visitante puido reducir distancias no 14, con Pablo Ricardo.
No regreso, Antón González volveu poñer terra por medio no minuto 27. Aínda que Rebo conseguiu o 3-2 para os estradense no 34, os mariñáns souberon medir os tempos para que os tres puntos quedaran en Vista Alegre.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Keko, Manu, Antón González y Alemán, quinteto inicial; tamén xogaron Hélder, Xoel, Aitor, Pancho e Javi.
A Estrada FS: César, Rafita, Tossi, Tojito y Moro, quinteto inicial; tamén xogaron Marquitos, Kinso, Rebo e Botel.
Goles: 1-0, minuto 7, Keko; 2-0, minuto 11, Alemán; 2-1, minuto 14, Pablo Ricardo; 3-1, minuto 27, Antón; 3-2, minuto 34, Rebo
Árbitros: Efrén Álvarez //Carlos Suárez (Lugo)
Tarxetas: Amarela para Botel e Kinso, por A Estrada, e Antón, Aitor e Manu, por Burela FS.