NOTA DE PRENSA
O PP alerta sobre a falla de rumbo do bigoberno burelés .
O PP afirma que hoxe, venres, recibiuse no concello unha comunicación confirmando socorristas e GMIR.
Os populares afirman que Nieves Cando foi unha magnífica portavoz do PSOE no pleno do xoves.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela manifestou hoxe que no pleno celebrado onte, xoves, quedou demostada a incapacidade do bigoberno burelés e do propio alcalde: de repente, presentan unha moción por urxencia, e dúas ou tres enmendas ás mocións presentadas polo PP. E todas presentadas xusto no momento no que comenzaba a sesión, o que é unha bulra ó grupo maioritario da corporación, o PP. Ademais, segundo os populares, quedou demostrado que Nieves Cando é unha grande portavoz do PSOE, polo que podería haber sorpresas nas próximas municipais. Tamén foron destacadas as intervencións de Remedios López e Sonia Fraga, nos debates sobre as mocións do mar e sobre emprego: tan destacadas que non abriron a boca.
O PP abstívose nunha moción presentada de urxencia polo bigoberno na que pide urxencia á Xunta para resolver o Plano de Cooperación. Razón tiñamos,porque hoxe mesmo están chegando comunicacións desde a Xunta ós concellos, entre eles o de Burela, asignando GRUMIR e socorristas. Nós xa dixemos no Pleno que a moción era mui prematura, e por riba Nieves Cando dice que votamos en contra, cando é mentira, o PP abstívose, e demostrou con esa abstención responsabilidade, que non tén Nieves Cando cando minte máis que respira decindo que nós votamos en contra. A acta da sesión demostrará que a mentirosa é Nieves Cando, que minte máis ca respira.
O PP abstívose na adxudicación da auga e tamén na elaboración da nova ordenanza de axuda a domicilio porque nada tivo que ver nin na mesa de contratación da adxudicación do servicio da auga, que se fai cun ano de retraso, proba do traballo do alcalde e do seu equipo de concelleiros; e tampouco nada tivo que ver na redacción da nova ordenanza, que seguro podía facer que máis persoas pagaran menos ou quedaran exentas á hora de recibir o servicio de axuda a domicilio.
No que toca ó turno de rogos e preguntas, resultou sorprendente que o alcalde manifestara que el non tiña nada que ver na distribución horaria da policía municipal, e que asinara un decreto só para para fixar a necesidade de facer horas polas festas. O PP presentará unha moción para aclarar que función está facendo o alcalde como xefe da policía local, porque a resposta non deixa de ser sorprendente.
Tamén dixo que non tiña información sobre o trazado do corredor nin sobre o entronque da travesía municipal coa variante saída a Cervo. Dixo textualmente “teño a mesma información ca vostedes”, e se o PP non tén ningunha, esa resposta significa que el tampouco, co que levamos dous anos perdidos.
Para o PP, o pleno de onte demostrou que o alcalde está perdido, desnortado, onde non lle corresponde, que os concelleiros socialistas non se enteran de nada de que vai o pleno, e que Nieves Cando está presentando o seu lado máis oscuro, demagóxico e autoritario, ademais de verse completamente fóra de si porque non acepta que o PP faiga xestións polo ben dos cidadáns de Burela. O Sr. Legaspi limítase de cando en vez a decir cousas sen sentido, sen que veñan a conto, en voz alta. Xa se lle dixo no pleno ó bigoberno, especialmente ó alcalde e a Nieves Cando, que o PP vai seguir facendo xestións, porque como oposición temos a obriga de facelas, ainda que só sexa porque nin ela nin o alcalde non as fan.