NOTA DE PRENSA
Os populares denuncian o retraso do corredor Barreiros-San Cibrao.
Solicitan que se faigan as obras de millora da saída de Burela a Cervo.
Afirman que existe proxecto desde hai tres anos.
O GMPP de Burela, acompañado da senadora Mariña Gueimunde e dos parlamentarios Enma Alvarez e José Manuel Balseiro, reclamou onte ó Goberno Central, e tamén ó concello, que se axilicen os trámites administrativos para millorar o entronque entre a travesía de Burela e a N-642 en dirección Cervo, porque presenta unha situación de perigosidade e xa se teñen producido accidentes no indicado punto.
Os representantes do PP indicaron que para millorar o entronque da travesía de Burela coa variante xa existe un proxecto, elaborado pola Demarcación Provincial de Estradas do Estado desde hai xa tres anos. A senadora Mariña Gueimunde afirmou que sobre este asunto os senadores do PP pola provincia xa formularan unha pregunta, pero que non descartan incidir sobre o asunto, visto o retraso que está a ter a definición do trazado do corredor Barreiros-San Cibrao, de competencia estatal.
Balseiro e Alvarez manifestaron que A Mariña segue a estar esquecida polo Goberno Central de forma inexplicable, e esta obra é unha boa mostra da desidia e da falla de atención. Os políticos populares emplazaron ó Ministro de Fomento, o lucense José Blanco, a mirar máis pola comarca, el, que vén de cando en vez pola costa, pero de comida, e que esquece analizar e estudiar a situacion real das comunicacións na Mariña e a definir de unha vez por todas o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao.
Pola súa parte, o portavoz municipal José María González Barcia, xunto con varios dos seus concelleiros, indicou que desde o Concello nada se fixo a este respecto. Barcia indicou que nin se demandou de Fomento a realización de esta obra, que é fundamental para Burela, nin tan siquera se aceptaron mocións do PP solicitando incluir a mesma nos presupostos do Estado. Igualmente, Barcia acusou ó alcalde de Burela de “politicamente incapaz” para demandar unha definición do corredor Barreiros-San Cibrao, porque “o trazado deste corredor é vital para o futuro de Burela, ainda que moito nos tememos que este home achante con todo o que lle impoñan desde Madrid, ainda que perxudique a Burela”. Barcia lembrou que existe un acordo plenario de que tal corredor pase polo sur do concello, polo que este entronque coa variante hai que milloralo canto antes, dada a súa intensidade de tráfico.